Atol Takume
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Takume | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2002) | 93 hab. |
| Superficie | 5 km² |
| Superficie lagoa | 43´5 km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 15°48′S 142°12′W / 15.8°S 142.2°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Takume é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente depende da comuna de Makemo. Está situado a 8 km ao noroeste de Raroia.
Xeografía [editar]
É un atol de forma alargada con 20 km de longo e cunha superficie emerxida de 5 km². Dispón dun paso navegable ao interior da lagoa.
A vila principal é Ohomo, cunha poboación ao redor de 100 habitantes incluídos na comuna de Makemo. Dispón dun aeródromo.
Historia [editar]
Foi descuberto en 1820, por Fabian Gottlieb von Bellingshausen que o chamou Volkonski.