Atol Takapoto
| Takapoto | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 472 hab. |
| Superficie | 15 km² |
| Superficie lagoa | 81 km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 14°37′S 145°12′W / 14.617°S 145.2°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Takapoto é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Takaroa. Xeograficamente forma parte do grupo de illas do Rei Xurxo. Está situado ao norte do arquipélago, a 9 km ao suroeste de Takaroa e a 560 km ao nordés de Tahití.
Xeografía [editar]
Ten unha forma ovalada de 20 km de longo e 6 de ancho, cunha superficie emerxida de 13 km² máis 10 km² de arrecifes. A lagoa interior de 81 km² é pechada sen ningún paso practicable ao océano, pero a auga renóvase por canles submarinas e resulta bastante salgada.
A vila principal é Fakatopatere, situada no illote máis grande onde hai tamén un aeródromo. A poboación total era de 472 habitantes no censo do 2007. As actividades principais son a pesca, a produción de copra e o cultivo de perlas. Neste atol atópase a máis soada das ostras de perla negra, apinctada Margaritifera.
Historia [editar]
O nome Takapoto quere dicir «queixo curto», por ser de dimensións algo máis pequenas que Takaroa. Atópanse máis de 22 maraes, antigos templos polinesios. Un dos máis destacados atópase á entrada de Fakatopatere onde antigamente unha moza era sacrificada cada cinco anos ao deus Matapo. Foi chamadoSondre Grondt(Sen Fondo) por Jacob Le Maire (1616), Schadelijk (Perniciosa) por Jacob Roggeveen (1722) e Spiridoff por Otto von Kotzebue (1816).