Atol Reitoru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reitoru
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) 10 hab.
Superficie 1´4 km²
Superficie lagoa 0´6 km²
Nº de illas
Coordenadas 17°48′S 143°04′W / 17.800°S 143.067°W / -17.800; -143.067Coordenadas: 17°48′S 143°04′W / 17.800°S 143.067°W / -17.800; -143.067
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Reitoru ou Te Pirehi, é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Está situado no centro do arquipélago, a 50 km ao suroeste de Hikueru, e pertence á comuna de Hikueru.

Xeografia[editar | editar a fonte]

A lagoa interior está pechada sen paso navegable algún cara ao oceáno. A superficie é de 1´39 km². O atol está habitado por un pequeno grupo de dez persoas dedicadas ó cultivo e a colleita de perlas e de copra. Non ten ningunha infraestrutura.

Historia[editar | editar a fonte]

O atol foi descuberto polo francés Louis Antoine de Bougainville en 1768. O ano seguinte, o inglés James Cook chamouno Bird Island porque os paxaros eran os únicos habitantes que atopou. Durante o século XIX e comezos do XX foi un importante centro para os mergulladores que colleitaban perlas. En 1903 o atol quedou mergullado durante un ciclón provocando a morte dun centenar de persoas.