Atol Raroia
| Raroia | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 303 hab. |
| Superficie | 19´5 km² |
| Superficie lagoa | 359 km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 16°1′S 142°26′W / 16.017°S 142.433°WCoordenadas: 16°1′S 142°26′W / 16.017°S 142.433°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Raroia é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Makemo. Está situado a 740 km ao nordés de Tahití e a 6 km ao suroeste de Takume.
Xeografia [editar]
O atol ten forma ovalada, de 43 km de longo e 14 km de ancho. A superficie total é de 41 km². Dispón dun paso navegable ao interior da lagoa. A vila principal é Garumaova. A poboación total era de 184 habitantes no censo do 1996, que viven principalmente da pesca e a perlicultura. Non dispón de infraestruturas.
Historia [editar]
Foi descuberto en 1605 por Pedro Fernández de Quirós. Historicamente tamén se coñeceu cos nomes: Fugitiva e Barclay de Tolley. En 1947 fíxose famoso pola historia da Kon Tiki. O noruegués Thor Heyerdahl construíu unha barca tradicional de madeira e bambú, parecido aos que utilizaban os incas para desprazarse polo lago Titicaca. Para demostrar que era posible a navegación prehistórica e o poboamento da Polinesia desde América, fixo unha viaxe de 101 días desde Perú ata Raroia.