Atol Penrhyn
| Penrhyn | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Illas Cook |
| Illa principal | Moananui |
| Linguas | |
| Poboación (2006) | 251 hab. |
| Superficie | 9´8 km² |
| Superficie lagoa | 208 km² |
| Nº de illas | >30 |
| Coordenadas | 9°00′20″S 157°58′10″W / 9.00556°S 157.96944°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
![]() |
|
Penrhyn, ou tamén Tongareva, é un atol, o máis remoto das illas Cook. Está situado no grupo setentrional, a 1.365 km ao norte de Rarotonga.
Xeografía [editar]
O atol ten unha lagoa de máis de 280 km², unha das máis grandes do Pacífico sur. As terras emerxidas teñen unha superficie total de 9,8 km². Dispón de tres pasos navegables a través do escollo. O máis utilizado, serve de paso entre Panamá e Nova Celandia, é o paso de Taruia, preto da vila de Omoka. Atópase exactamente a 9º de latitude sur e 158º de lonxitude oeste e por isto era utilizado frecuentemente polos navegantes para calibrar os seus instrumentos. Alén da lagoa atópase outra vila, denominada Te Tauta.
A principal actividade económica é o cultivo de perlas negras. Son moi apreciados os tradicionais chapeus artesáns de follas de pandanacia.
A poboación total era de 357 habitantes ao censo do 2001.
Historia [editar]
O atol foi descuberto en 1788, polo inglés W. Severo no barco Lady Penrhyn, de volta da primeira viaxe de deportación de convictos a Australia. O nome orixinal maorí é Tongareva, que significa 'afastada desde o sur'. Tamén se coñecía como «o círculo» (Te Pitaka). O nome maorí actual é Mangorongaro.
A partir de 1854 foi evangelizada por pastores de Rarotonga. Dez anos máis tarde chegaron os negreiros peruanos e estímase que deportaron ao Perú, uns 1.000 habitantes axudados polos misioneiros que necesitaban diñeiro para construír igrexas. Denominaron a illa como dos Catro Evanxelistas.
Durante a II Guerra Mundial construíuse un aeroporto que aínda está en servizo, con voos semanais a Rarotonga.
