Atol Nukutavake
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Nukutavake | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | Tavananui |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 319 hab. |
| Superficie | 5´5 km² |
| Superficie lagoa | km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 19°16′S 138°46′W / 19.267°S 138.767°WCoordenadas: 19°16′S 138°46′W / 19.267°S 138.767°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Nukutavake (antes Reine Charlotte) é un atol do arquipélago Tuamotu, na Polinesia francesa. Está situado ao leste e centro do arquipélago, a 1.125 km de Tahití.
[editar] Xeografía
É un atol alargado de 5,2 km de longo e unha anchura variable entre 450 m e 1,3 km. A superficie total é de 5,5 km². A lagoa é pouco profunda e foi parcialmente secada e cuberta de densa vexetación. O anel coralino ten unha grande extensión de cocos. A vila principal é Tavananui, con moitas casas abandonadas debido á emigración a Tahití. A poboación total é de 196 habitantes tomando o censo de 1996, e viven principalmente da pesca e a produción de copra. Dispón dun aeródromo.
[editar] Historia
Foi descuberto polo inglés Samuel Wallis, o 1767, que o denominou Raíña Carlota (Queen Charlotte).