Atol Nonouti
| Nonouti | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Quiribati - Kiribati |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2005) | 3.179 hab. |
| Superficie | 29´2 km² |
| Superficie lagoa | km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 0°40′S 174°20′E / 0.667°S 174.333°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Nonouti é un atol pertencente á República de Kiribati no océano Pacífico central. Está localizado ao sur das Illas Gilbert, 38 km ao norte de Tabiteuea e 250 km ao sur de Tarawa. A rexión oriental da illa é a princial masa de terra permanente. No lado noroeste atópase un illote deshabitado chamado Noumatong, onde existe un santuario de aves. A área oriental da illa consiste en pequenos illotes e illas que forman unha liña continua.
O atol é o 3º mais grande das Illas Gilbert, cunha lonxitude de 35 km e unha anchura de 15 km.
A estación gobernamental está localizada no pobo de Matang. O representante é o máximo posto do goberno sobre a illa. O primeiro presidente de Kiribati, Ieremia Tabei, era de Nonouti.
Na illa existen varias escolas primarias e unha escola secundaria, a cal está administrada pola Igrexa Protestante de Kiribati.
A casa de reunión (mwaneaba) mais grande de kiribati atópase no pobo de Taboiaki, onde se estableceron os primeiros misioneiros católicos na década de 1880.
O nome Nonouti significa "levantarse cedo para ir pescar".