Atol Napuka
| Napuka | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 315 hab. |
| Superficie | 8 km² |
| Superficie lagoa | 18 km² |
| Nº de illas | 30 |
| Coordenadas | 14°12′S 141°15′W / 14.2°S 141.25°WCoordenadas: 14°12′S 141°15′W / 14.2°S 141.25°W |
| Maior Altura | 7 m. |
| Localización | |
Napuka é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Forma parte, xunto con Tepoto Norte, das illas da Decepción. Administrativamente é a capital dunha comuna que inclúe os dous atois. Está situado ao nordés do arquipélago, a 926 km de Tahití.
Xeografía [editar]
É un atol de forma ovalada, de 9 km de longo e 3 km de ancho. A lagoa ocupa un área de 18 km² e as terras emerxidas, 8 km². Non existe un paso practicable entre a lagoa e o océano. O anel coralino está formada por dúas illas e 32 illotes. Na illa do leste hai un aeroporto, e na illa do norte a vila principal: Tepukamaruia. A poboación era de 253 habitantes no censo de 2002, co principal recurso económico da produción de copra.
Historia [editar]
Napuka foi colonizado desde os atois veciños das Tuamotu. Atopáronse restos arqueolóxicos dunha decena de maraes, con cunchas de tartarugas no subsolo. O atol é un dos lugares utilizados polas tartarugas mariñas para aniñar. O primeiro europeo en chegar foi o inglés John Byron en 1765. Tamén se coñeceu como Whytoohee e Tepukamaruia.