Atol Namorik
| Namorik | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Illas Marshall - Marshall Islands |
| Illa principal | Namorik |
| Linguas | |
| Poboación (1999) | 814 hab. |
| Superficie | 2´8 km² |
| Superficie lagoa | 8´4 km² |
| Nº de illas | 2 |
| Coordenadas | 05°37′00″N 168°07′00″E / 5.6166667°N 168.1166667°E |
| Maior Altura | 6 m. |
| Localización | |
O Atol Namorik ou Atol Namdrik é un atol de 2 illas localizado no Océano Pacífico. É un distrito lexislativo da Cadea de Ralik nas Illas Marshall. A súa superficie total dá lugar a un área de 2´8 km², pero que encerra unha lagoa de 8´4 quilómetros cadrados.
A poboación de Atol Namorik é de 814 habitantes.
Namdrik atópase a uns 145 km. ao oeste-suroeste de Jaluit, e 117 km. ao noroeste de Ebon. O atol está formado por dúas illas boscosas de gran tamaño. O máis grande (tamén chamado Namorik) envolve a lagoa central desde o suroeste cara ao nordés, mentres que a illa máis pequena pecha a esquina noroeste da lagoa. Un illote de coral interponse entre eles no arrecife, con numerosos cantos rodados negros. A lagoa pouco profunda, está separada do mar por un arrecife de coral seco. Os barcos poden cruzar o arrecife con dificultade, ca marea alta no lado oeste do atol. Hai unha tenda o oeste do Illote Namorik.
Existe unha pista de aterraxe no lado oeste do Illote Namorik, a cal é moi dificil de utilizar. Non hai refuxio para os ventos do nordés, e é perigoso con fortes ventos do suroeste cando hai unha mar grosa. Hai un arrecife costeiro que se estende uns 135 metros nas proximidades da pista de aterraxe. Dous pecios afundidos atópanse a 90 metros da costa sur ao longo da liña de arrecifes.
Historia [editar]
Namdrik foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da Primeira Guerra Mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xapones. Tras o final da Segunda Guerra Mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.