Atol Motu One (da Sociedade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Motu One (da Sociedade)
Atol
Datos
País Francia
Illa principal Motu One
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 2´3 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas 6
Coordenadas 15°48′S 154°32′W / 15.8°S 154.533°W / -15.8; -154.533Coordenadas: 15°48′S 154°32′W / 15.8°S 154.533°W / -15.8; -154.533
Maior Altura
Localización
Localización do atol


Motu One, coñecido tamén como Bellinghausen, é o atol máis setentrional do grupo de illas de Sotavento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Administrativamente depende directamente do goberno territorial. Está situado a 380 km ao noroeste de Tahití. As súas coordenadas son: 15°48′S 154°32′W / 15.8°S 154.533°W / -15.8; -154.533.

O atol consiste en catro illotes e unha lagoa sen ningún paso navegable. É un dos lugares importantes para a reprodución das tartarugas verdes que acoden a aniñar no outono. A superficie total é de 2,8 km2 e non ten unha poboación permanente.

Motu One foi descuberto polo ruso Otto von Kotzebue en 1824, que lle puxo o nome do seu amigo, o explorador Fabian von Bellinghausen. O nome motu one significa «illote de area» e é un nome común utilizado noutros lugares. Outros nomes históricos son: Papa Iti e Temiromiro. Non hai evidencias de que fose poboado ata hai pouco tempo. Na década dos 1950, foi ocupado por traballadores de copra, pero abandonado na década seguinte.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas