Atol Maupihaa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maupihaa
Atol
Datos
País Francia
Illa principal Motu Maupihaa
Linguas
Poboación (2009) 15 hab.
Superficie 2´6 km²
Superficie lagoa 30 km²
Nº de illas 4
Coordenadas 16°48′S 153°57′W / 16.800°S 153.950°W / -16.800; -153.950Coordenadas: 16°48′S 153°57′W / 16.800°S 153.950°W / -16.800; -153.950
Maior Altura
Localización
Localización do atol


Maupihaa (Maupiha´a en tahitiano normalizado), ou tamén Mopelia, é un atol do grupo de illas de Sotavento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Depende administrativamente da comuna de Maupiti que se atopa a 160 km ao leste. Como referencia máis coñecida, está a 230 quilómetros ao oeste de Bora-Bora.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O atol ten forma redonda e consiste nunha profunda lagoa central rodeada de escollos en tres cuartas partes. O lado de barlovento é un illote estreito cunha densa vexetación. A superficie total é de 3,6 km². É unha reserva natural protexida onde se reproducen as tartarugas mariñas. Tamén é digna de mención a Illa dos Paxaros, ao oeste de atol, deshabitada e criadeiro de gran cantidade de aves mariñas.

Viven permanentemente seis familias dedicadas á recolección de cocos, que finalmente se converterá en aceite de copra, e ao cultivo da perla negra de Polinesia.

O paso de entrada á lagoa interior ten fama de difícil. Pero polo menos é moi recto, cuns 300 metros de lonxitude e uns 25 de anchura durante a metade deles. De boa profundidade, só ten un obstáculo no extremo interior, facilmente visible se hai boa luz. A corrente é moi forte, oscilando entre catro e máis de seis nós, sempre saínte. Con mar de fondo do oeste, ou con moita corrente, pode resultar impracticable.

Ten dous bos fondeadoiros. Ao nordeste da lagoa, fronte ao antigo poboado, destruído polos últimos furacáns, e ao sueste, fronte ao poboado actual. Cerca do paso de entrada, por fóra e cara ao sur, hai un naufraxio dun barco alemán da primeira G.M., o Seeadler.

Maupihaa foi descuberto en 1767, polo inglés Samuel Wallis. O nome colonial do atol era Lord Howe. Contén algúns restos arqueolóxicos polinesios. En 1917 foi cedido a unha compañía para producir copra e foi replantado de cocos e levaron porcos e galiñas. Entre 1997 e 1998 foi devastado por dous furacáns.