Atol Manuae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuae
Vista aerea de Manuae
Datos
País Illas Cook
Illa principal Manuae
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 6 km²
Superficie lagoa 13 km²
Nº de illas 2
Coordenadas 19°16′9″S 158°56′30″W / 19.26917°S 158.94167°W / -19.26917; -158.94167
Maior Altura 5 m.
Localización
Localización do atol

Manuae é un atol deshabitado do grupo meridional das Illas Cook. Atópase a 100 quilómetros ao sueste de Aitutaki. Componse de dous illotes, Manuae e Te Au O Tu cun área total de 6 quilómetros cadrados. Están en lugares contrapostos nos bordes da lagoa interior, cuxa extensión é de 7 quilómetros de longo por 4 de ancho. A maior altitude é 5 metros sobre o nivel do mar. O atol de Manuae atópase sobre o pico dun volcán submarino que se eleva 4000 metros sobre a plataforma mariña.

As Illas forman un parque mariño e é un importante punto de cría de aves mariñas e tartarugas. As augas ribeiregas son ricas en vida mariña e unha boa zona pesqueira. Diferentes axencias turísticas ofrecen visitas ás illas.

James Cook foi o primeiro europeo en descubrir as illas en setembro de 1773. De feito, Maunae foi a primeira illa que se descubriu do arquipélago das Illas Cook. O primeiro nome que recibiron do seu descubridor foi Illa Sandwich, pero pronto se cambiou a illa Hervey. Nome que aos poucos pasou a usarse co xenetivo saxón (Hervey's). De feito, este nome foi usado para chamar ao grupo meridional das Illas Cook ata que os rusos volvérono a denominar co nome do seu descubridor.

O noruegués Erlend Loe na súa obra "L" relata con humor unha expedición a Manuae en 1999.