Atol Likiep

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Likiep
Atol Likiep
Datos
País Illas Marshall - Marshall Islands
Illa principal
Linguas
Poboación (2002) 482 hab.
Superficie 10´26 km²
Superficie lagoa 424 km²
Nº de illas 65
Coordenadas 09°54′00″N 169°08′00″E / 9.90000°N 169.13333°E / 9.90000; 169.13333
Maior Altura 10 m.
Localización
Localización do atol Likiep

Likiep é un atol de 65 illas no Océano Pacífico, e forma un distrito lexislativo da cadea Ratak nas Illas Marshall. Atópase aproximadamente a 55 km. ao noroeste de Wotje. A súa superficie total é de só 10´26 km², pero que encerra unha profunda lagoa central de 424 km². Likiep tamén posúe o punto máis alto Illas Marshall, un promontorio sen nome de 10 m. sobre o nivel do mar. A poboación de Likiep era de 482 habitantes en 1998.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1877, Likiep foi comprado por Anton De Brum, un comerciante portugués e socio de Adolph Capelle na empresa de comercio Capelle e Brum, que comerciaban principalmente con copra e os produtos do mar ao longo de Micronesia. Likiep foi reclamada polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884, os alemáns crearon un posto comercial. Despois da Primeira Guerra Mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xapones. Tras o final da Segunda Guerra Mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte doa Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.

O Distrito Histórico de Likiep, con 15 estruturas historicamente significativas construídas entre 1880 e 1937, está sendo considerado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]