Atol Fangataufa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fangataufa
Atol
Datos
País Francia
Illa principal Fangataufa
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 5 km²
Superficie lagoa 45 km²
Nº de illas
Coordenadas 22°15′S 138°45′O / -22.250, -138.750Coordenadas: 22°15′S 138°45′O / -22.250, -138.750
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Fangataufa é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente depende da comuna de Tureia, pero foi cedido pola Asemblea Territorial ao Centro de Experimentación do Pacífico, xunto co atol Mururoa, para que se fixesen probas nucleares. Está situado ao sueste do arquipélago, a 40 km ao sueste de Mururoa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O atol ten forma rectangular, de 8,5 km de longo e 7,5 km de ancho, cunha superficie total de 45 km². Orixinalmente non tiña ningún paso cara á lagoa interior, pero as forzas armadas francesas voaron 400 metros de escollos para abrir un paso que facilitase o programa de probas nucleares. É unha zona militar con acceso prohibido sen autorización.

Historia[editar | editar a fonte]

Fangataufa foi descuberto en 1826, polo inglés Frederick Beechey que o chamou Cockburn. Vinculouse a Polinesia francesa en 1881. Foi habitado durante o século XX por recolectores de copra. En 1964 foi cedido para ser utilizado como branco de tiro no programa nuclear francés. Entre o 1966 e 1996 fixéronse cinco explosións nucleares atmosféricas e 10 subterráneas a unha profundidade de entre 500 e 700 metros baixo a lagoa.

A illa agora deshabitada polos seres humanos é obxecto desde 1998, dun control radiolóxico cunha campaña anual de mostraxe do medio ambiente levada a cabo por persoal do departamento de defensa francés, a Comisión da Enerxía Atómica (CEA) e os polinesios.