Atol Fakahina
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Fakahina | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 131 hab. |
| Superficie | 8 km² |
| Superficie lagoa | 20 km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 15°59′S 140°08′W / 15.983°S 140.133°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Fakahina é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Fangatau. Está situado no centro e ao leste do arquipélago, a 75 km ao leste de Fangatau.
Xeografía[editar]
A superficie total é de 8 km², cunha lagoa interior sen ningún paso ao océano. A vila principal é Tarione, e a poboación total era de 140 habitantes no censo do 2002.
Historia[editar]
Antigamente era un lugar utilizado para facer sacrificios humanos. O atol foi descuberto por Otto von Kotzebue, o 26 de febreiro de 1824, que o chamou co nome do seu barco Predpriatié. Tamén se coñeceu como Prince de Joinville e Fangahina.