Atol Enewetak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enewetak
Atol Enewetak
Datos
País Illas Marshall - Marshall Islands
Illa principal Eniwetok
Linguas
Poboación (2003) 167 hab.
Superficie 6 km²
Superficie lagoa 1.004´89 km²
Nº de illas 40
Coordenadas 11°30′N 162°20′E / 11.500°N 162.333°E / 11.500; 162.333
Maior Altura
Localización
Localización do atol Enewetak
Vista aerea de Enewetak e Parry.

Enewetak (ou Eniwetok) é un atol das Illas Marshall situado no Océano Pacífico, componse de 40 illotes cun área de 5´85 km² e unha lagoa interior de 80 km de circunferencia. En 1999 a poboación ascendía a 820 persoas.

Forma un distrito lexislativo da Cadea Ralik nas Illas Marshall. É o segundo atol máis occidental da cadea Ralik, e atópase 305 km. ao oeste de atol Bikini. O goberno de EE.UU. chamou ao atol "Eniwetok" ata 1974, cando cambiou a súa denominación oficial a "Enewetak" (xunto con moitos outros nomes locales das illas Marshall) para reflectir máis adecuadamente a súa pronunciación correcta.

Historia[editar | editar a fonte]

Os humanos habitaron o atol fai polo menos 2.000 anos. Enewetak non era coñecido polos europeos ata que en 1974 a visitou a corveta mercante británica Walpole, quen o chamou "Brown Range" (de aí o nome xaponés "Atol Brown"). Foi visitada por unha ducia de buques antes da creación da colonia alemá das Illas Marshall en 1885. Xunto co resto das Illas Marshall, Enewetak foi capturado pola Armada Imperial Xaponesa en 1914 durante a Primeira Guerra Mundial. Os xaponeses administraron a illa, pero a maioría dos asuntos locais deixaronos en mans dos líderes locais tradicionais ata o inicio da Segunda Guerra Mundial.

Tras o final da Segunda Guerra Mundial, Enewetak quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.

Proba nuclear[editar | editar a fonte]

Os residentes locais foron evacuados, forzosamente, e o atol foi utilizado para probas nucleares. Os corpos dos soldados estadounidenses mortos na Batalla de Enewetak e enterrados alí foron exhumados antes de que comezaron as probas e regresaron aos Estados Unidos para volver ser enterrados polas súas familias. Ao redor do 43 probas nucleares foron realizadas en Enewetak desde 1948 ata 1958. A primeira proba da bomba de hidróxeno, cuxo nome en código era Ivy Mike, celebrouse a finais de 1952, e vaporizou o illote de Elugelab. Esta proba incluíu o uso de avións B-17 Flying Fortress para voar a través da nube radioactiva co fin de analizar mostras a bordo.

Aos residentes locais permitíuselles regresar na década de 1970 e o 15 de maio de 1977, o goberno dos Estados Unidos ordeou aos militares a descontaminación das illas. Isto fíxose mediante a mestura da terra contaminada e dos residuos das distintas illas, con cemento Portland que enterrouse nun dos cráteres da explosión. O cráter atopábase no extremo norte de Runit 11°33′N 162°20′E / 11.550°N 162.333°E / 11.550; 162.333, que é unha illa no lado este do atol. Isto converteu o cráter nun montículo esférico de 25 m. de alto que cubríuse cunha grosa capa de cemento de 46 cm., chamado "Cactus Dome". O goberno dos Estados Unidos declarou ás illas seguras para vivir en 1980.

En 2000, os habitantes de Enewetak foron indemnizados con 340 millóns de dólares en danos e prexuízos por perda de uso da terra, o desprazamento forzado e os problemas de de saúde entre a poboación. Esta indemnización non inclúe a suma anual de 6 millóns de dólares, que paga o goberno dos EE.UU. para a educación e a saúde nas Illas Marshall.

Galería[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]