Atol Ebon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ebon
Atol Ebon
Datos
País Illas Marshall - Marshall Islands
Illa principal Jitoen
Linguas
Poboación (1999) 741 hab.
Superficie 5´7 km²
Superficie lagoa 108´4 km²
Nº de illas 22
Coordenadas 04°38′00″N 168°43′00″E / 4.63333°N 168.71667°E / 4.63333; 168.71667
Maior Altura 25 m.
Localización
Localización do atol Ebon

Ebon é un atol, de 22 illas no Océano Pacífico, e forma un distrito lexislativo da cadea Ralik nas Illas Marshall. A súa superficie total é de só 5´75 km², pero encerra unha profunda lagoa cunha superficie de 104 km², a poboación ascende a 741 persoas. Unha pasaxe conduce á lagoa desde o extremo sudoeste do atol. A tortuosa pasaxe chámase "Canle Ebon". Ebon está situado aproximadamente a 155 km. ao sur de Jaluit, e é a masa de terra máis ao sur das Illas Marshall, xa que se atopa no extremo meridional da cadea Ralik.

Historia[editar | editar a fonte]

Ebon era un centro de comercio de baleas no século XIX, así como das actividades misioneiras europeas desde 1857. Foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884, e os alemáns crearon un posto comercial. Despois da Primeira Guerra Mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés. Tras o final da Segunda Guerra Mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]