Atol Butaritari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Butaritari
Atol Butaritari
Datos
País Quiribati - Kiribati
Illa principal
Linguas
Poboación (2002) 4.200 hab.
Superficie 13´6 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas
Coordenadas 3°10′04″N 172°49′33″E / 3.16778°N 172.82583°E / 3.16778; 172.82583
Maior Altura
Localización
Localización do atol Butaritari

Butaritari, tamén coñecido como Kleine-Makin, Makin, Illa Pitt, Taritari e Illa Touching) é un atol localizado no Océano Pacífico, no grupo de illas Gilbert, pertencentes a Kiribati.

[editar] Xeografía

A só tres quilómetros ao nordés de Butaritari existe un arrecife linear con tres illotes habitables: Makin, Kiebu e Onne. Butaritari foi chamado Atol Makin polo Exército dos Estados Unidos, e Makin pasou a ser Makin Meang (Pequena Makin) para diferenciala.

Butaritari ten un área de 13.2 km² e unha poboación de 4200 habitantes (2002), mentres que Makin ten un área de 6.7 km² e unha poboación de 1700 persoas. Ten ao redor de 30 km deste a oeste e 15 km de norte a sur. Algunhas partes da illa están mergulladas, creando canles. Illotes pequenos pódense atopar entre estas canles.

O atol é continuo, pero sen illotes na párte norte. A esquina nordés mide preto de 1.75 km, onde só hai desenvolvemento de illotes dispersos. A lagoa de Butaritari ten fácil acceso ao océano, é profunda e pode acomodar grandes barcos, aínda que a pasaxe de entrada é relativamente estreita.

Os illotes de Bikati e Bikatieta ocupan a punta noroeste, rodeando o que podería ser unha segunda pequena lagoa ao norte da lagoa principal. En Bikati, de 2 por 0.5 km, atópase unha aldea. O pobo principal é Butaritari, cunha poboación de aproximadamente 2000 habitantes.

[editar] Poboacións

Butaritari, Keuea, Kuma, Tanimaiaki, Tekabetete

[editar] Clima

As choivas anuais chegan aos 4000 mm, comparada cos 2000 mm en Tarawa e 1000 mm no sur de Kiribati. O fenómeno El Niño aumenta a cantidade de choivas no atol.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas