Atol Bikar
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Bikar | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Illas Marshall - Marshall Islands |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitado |
| Superficie | 0´5 km² |
| Superficie lagoa | 37´4 km² |
| Nº de illas | 7 |
| Coordenadas | 12°14′N 170°08′E / 12.233°N 170.133°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Bikar é un atol que está composto por 7 illas que abarca medio quilómetro cadrado, rodeando unha lagoa central de 37 km², nas Illas Marshall. O atol non está habitado. Os seus illotes principais son Bikar, Jabwelo e Almani.
Debido ao seu relativo illamento das illas principais do grupo, Bikar ten unha flora e fauna en gran medida intacta que existe nun estado relativamente primitivo.
Xeografía[editar]
Atópase a 579 km. ao norte do atol de Majuro, a capital das Illas Marshall, 320 quilómetros ó SSE de Bokak, e 115 km. ao norte de Utirik, o atol máis próximo habitado. A superficie é de 0´5 km², cunha lagoa de ao redor duns 37´4 km².