Atol Bassas da India

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 21°27′44″S 39°45′03″L / -21.46222, -39.75083

Bassas da India
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 0,2 km²
Superficie lagoa 79,8 km²
Nº de illas 10
Coordenadas 21°30′S 39°50′L / -21.500, -39.833
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Bassas da India é un atol deshabitado de 0,2 km² de superficie, o que o constitúe na porción de terra máis pequena rodeada por auga. Forma parte do grupo das illas dispersas do Océano Índico. Ecoloxicamente, pertence á ecorrexión denominada matogueira xerófila das illas Europa e Bassas da India.

Historia[editar | editar a fonte]

Bassas da India avistouse por primeira vez por exploradores portugués no século XVI. Primeiro foi chamado 'Baixo da Judia'. "Judía" era o nome dun barco portugués que encallou neste arrecife. Este barco chamábase "judía", xa que o seu propietario era un comerciante xudeu de Portugal. O nome converteuse en Bassas da India, debido a erros de transcrición dos cartógrafos.

Tamén foi descuberto polo Europa en 1774, de aí o nome de "the Europa Rocks". En 1897 converteuse nunha posesión francesa.

Desde o decreto do 3 de xaneiro de 2005, as illas dispersas e polo tanto Bassas da India están baixo a autoridade do administrador superior das Terras austrais e antárticas francesas con base en Saint-Pierre (Reunión). Considerado como un dominio privado do estado, non forma parte da Unión Europea.

Madagascar reclama a soberanía sobre Bassas da India. A cuestión é económica e marítima, pois a pesar do pequeno tamaño do atol, a zona económica exclusiva é extensa con 123.700 km² de superficie.