Atlas Coelestis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atlas Coelestis
Atlas Coelestis.JPG
Páxina de título (copia de propiedade do Derby Museum and Art Gallery).
Autor John Flamsteed
Ilustrador James Thornhill
País Inglaterra Inglaterra
Data de pub. 1729

O Atlas Coelestis é un catálogo estelar publicado póstumamente en 1729, baseado en observacións feitas polo primeiro astrónomo real, John Flamsteed.[1]

O Atlas - o máis grande que xamais se publicara -[2] contén 26 mapas das principais constelacións visibles dende Greenwich, con debuxos feitos no estilo rococó por James Thornhill. Tamén se presentan dous planisferios deseñados por Abraham Sharp.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Atlas Coelestis por John Flamsteed (2ª ed., 1753).

Primeiro atlas estelar baseado en observacións telescópicas, o «Atlas Coelestis» só se publicou dez anos despois da morte de Flamsteed, pola súa viúva, coa asistencia de Joseph Crosthwait e Abraham Sharp. Foi precedido pola obra «Stellarum inerrantium Catalogus Britannicus» (ou simplemente Catálogo británico, publicado en 1725, con 2919 estrelas).[3]

Unha das principais motivacións de Flamsteed para producir o Atlas, foi para corrixir a representación das figuras das constelacións, como feitas por Bayer na súa Uranometría (1603). Bayer representaba as figuras vistas de detrás (non de fronte, como era feito dende a época de Ptolomeo), invertendo as posicións das estrelas e creando unha confusión innecesaria.[2]

A publicación tivo un éxito inmediato, converténdose no estándar de referencia para os astrónomos profesionais por case un século. Aínda así, foron levantadas tres obxeccións con respecto a el: o alto prezo, gran tamaño (facéndoo difícil de manexar) e a baixa calidade artística (moitas críticas facíanse aos debuxos de James Thornhill, especialmente en canto á representación de Aquarius).[3]

Isto levou ao dr. John Bevis a intentar mellorar o Atlas. En 1745, produciu a «Uranographia Britannica», con dimensións máis pequenas, observacións actualizadas e imaxes máis artísticas. Non obstante, este atlas nunca foi publicado oficialmente e na actualidade, só hai 16 copias coñecidas.[4]

O «Atlas Fortin-Flamsteed»[editar | editar a fonte]

Finalmente, os cambios nas posicións das estrelas (as observacións orixinais foron feitas na década de 1690), conduciron a unha actualización realizada na década de 1770 polo enxeñeiro francés Nicolas Fortin, supervisado polos astrónomos Le Monnier e Messier, da Real Academia de Ciencias en París.[3]

A nova versión, chamada «Atlas Fortin-Flamsteed», tiña 1/3 do tamaño do orixinal, pero mantivo a mesma estrutura de táboas. Tamén se deron retoques artísticos a algunhas ilustracións (na súa maioría, Andrómeda, Virgo e Aquarius).[3]

Os nomes das constelacións están en francés (non en latín) e incluían algunhas nebulosas descubertas despois da morte de Flamsteed.[3]

En 1795 publicouse unha versión actualizada, producida por Méchain e Lalande, con novas constelacións e moito máis nebulosas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atlas Coelestis Modificar a ligazón no Wikidata