Atlético Sanluqueño Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Atlético Sanluqueño»)
Atlético Sanluqueño
NomeAtlético Sanluqueño Club de Fútbol
Alcume(s)Atletistas, Verdiblancos
Fundación1948
EstadioEl Palmar,
Sanlúcar de Barrameda, España
Inauguración1948
Capacidade5.000
PresidenteEspaña Manolo Fernández
AdestradorEspaña Falete
Liga2ªB – Grupo 4
2018–1913º
Na rede
http://www.atleticosanluquenocf.com/
Twitter: atcosanluqueno Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Atlético Sanluqueño Club de Fútbol é un club de fútbol de España, da cidade de Sanlúcar de Barrameda, na provincia de Cádiz. Foi fundado en 1948 e actualmente xoga no grupo IV da Segunda División B Española.

Historia[editar | editar a fonte]

O Atlético Sanluqueño Club de Fútbol foi fundado en 1948, aínda que a súa inscrición en competicións oficiais produciuse en 1951.

O seu debut en categoría nacional, concretamente na Terceira División, produciuse na tempada 1958-59. A tempada 1986-87, sendo presidente Luis Merino e adestrador José Enrique Díaz, logrou ascender á Segunda División B. Descendeu a Terceira División a tempada 1991-92 e non logrou novamente o ascenso ata a tempada 2011–12.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta con raias verticais de cores verde e branco, pantalón branco e medias verdes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón negro e medias negras.

O uniforme do Atlético Sanluqueño baséase no do Real Betis Balompié. Parece ser que o equipo, nas súas orixes, recibiu un xogo destes equipamentos por mediación dun directivo que gozaba de boas relacións co mencionado club.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 10 (incluída a 2019/20)
  • Tempadas en : 38

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]