Atiu
| Atiu / Enuamanu | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Mapumai |
| País | Illas Cook |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2003) | 517 habitantes |
| Superficie | 26,9 km² |
| Densidade | 19,22 hab./km² |
| Coordenadas | 18°50′S 159°45′W / 18.833°S 159.75°W |
| Maior Altura | 70 m. |
| Localización | |
![]() |
|
Atiu, tamén coñecida como Enuamanu (Terra de paxaros), atópase a 187 km de distancia de Rarotonga, no grupo meridional das Illas Cook.
Índice |
Xeografía [editar]
Atiu é unha illa volcánica rodeada por un arrecife de coral que posúe paredes de coral fosilizado de ata 6 metros de altura. As paredes, de medio quilómetro de ancho, bordean a illa formando unha plataforma virtual. É un tipo de illa denominado makatea a partir da illa Makatea das Tuamotu. No interior do anel, a erosión creou unha zona de terra cultivable (café e vainilla), cuxa altura crece ata o centro da illa onde se atopa un outeiro de 71 metros de altura. Esta mesma erosión provocou que a costa estea chea de covas e túneis, onde aniñan diversas especies de aves.
A superficie total é de 27 km2. A temperatura é suave cunha media que oscila entre os 24º e 26ºC.
Asentamentos Humanos [editar]
Ao contrario da maioría de illas da Polinesia, a poboación vive no centro da illa en cinco aldeas moi próximas: Areora, Ngatiarua, Teenui, Mapumai e Tengatangi. En marzo de 2003, a poboación ascendía a 571 habitantes.
Foi poboada por migracións polinesias desde as illas da Sociedade no século V. Os habitantes de Atiu eran os guerreiros máis temidos das illas Cook, e a súa historia inclúe diversos ataques sanguinarios ás illas veciñas. O primeiro europeo que chegou foi o inglés James Cook en 1777. O segundo foi o evanxelista protestante John Williams, que deixou dous misioneiros de Tahaa.
