Athulisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Athulisa foi unha cidade hitita do país dos kaskas, que o rei hitita Suppiluliumas I ocupou e fortificou sobre o -1330.

Segundo Matthews & Glatz[1] estaría situada ao oeste de Salman Höyük na provincia de Kastamonu (Turquía).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Matthews, Roger; Glatz, Claudia (2009). "The historical geography of north-central Anatolia in the Hittite period: texts and archaeology in concert". Anatolian Studies (59): 51–72.  p. 69.