Athlone - Baile Átha Luain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Athlone
Baile Átha Luain
Athlone crest.png
Provincia Leinster
Condado Condado de Westmeath
Poboación 16.834 hab.
Densidade n/d hab/km²
Altitude 56msnm metros
Páxina web www.athlone.ie
Localización de  Athlone na Irlanda
53.4333° 00' 00" N 07.9500° 00' 00" O
Cidade da República de Irlanda Flag of Ireland.svg

Athlone (en inglés, ou Baile Átha Luain (Pantano de Luain), en gaélico é unha localidade irlandesa, capital do condado de Westmeath, cunha poboación duns 17.000 habitantes.

Índice

[editar] Situación

Atópase no centro da illa de Irlanda, no curso do río Shannon xusto despois de pasar o lago Ree. e entre este e o xacemento de Clonmacnoise.

Administrativamente é un enclave entre dous condados (Westmeath e Roscommon), aínda que pertence ao primeiro exceptuando o caso do barrio máis occidental, Monksland, que se atopa fóra de Westmeath e polo tanto fora da provincia de Leinster, polo que tamén é unha localidade entre dúas provincias (Leinster e Connacht).

Tradicionalmente a división vén dada polo río Shannon, pero desta forma a cidade quedaba dividida, quedando por exemplo fóra de Westmeath o castelo ou a catedral, así que decidiuse incluír todo no condado citado, inda que a cidade seguiu medrando.

Curso do río Shannon

[editar] Personalidades

[editar] Lugares de interese

O seu castelo é o edificio máis visitado polos turistas e foi testemuña de varias batallas de gran transcendencia histórica.

Tamén podemos atopar a súa catedral católica en honra a San Pedro e San Pablo, moi preto do castelo.

Cruzando a ponte que está a poucos metros pásase á parte oriental que, inda que menos monumental, alberga a Igrexa de Santa María (onde foi bautizado John McCormack), o porto de recreo e o centro comercial, que atrae xente de moitos pobos de arredor e, tendo en conta que moita xente vive no rural, Athlone parece moito máis poboado nas fins de semana.

[editar] Infraestrutura

A obra de infraestrutura máis sinalábel é o dique que dá calado a boa parte do norte do Río Shannon e, para poder pasalo, tamén se construíron unhas esclusas con capacidade para dous ou tres barcos de recreo á vez.

[editar] Curiosidades

- En Athlone atópase o pub máis antigo de Irlanda e de Europa que se conserva, que data do século X.

- O seu nome (ver enriba) ven por Luain, que foi quen fundou o citado bar e debido á súa posición preto dun lago aos poucos foise formando a poboación e de feito o bar está pegado á base do castelo.

[editar] Véxase tamén

Irlanda

Westmeath

Leinster

Río Shannon

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas