Aterinópsidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Menidia sp

Os Aterinópsidos (Atherinopsidae) son unha familia de peixes teleósteos, pertencentes á orde Ateriniformes (Atheriniformes). Agrupa especies mariñas e de auga doce, distribuídos en augas tropicais e temperadas de América.

Características[editar | editar a fonte]

Posúen dúas aletas dorsais amplamente separadas, a primera con espiñas brandas e a segunda cunha espiña seguida de radios brandos, o mesmo que a aleta anal; as aletas pectorais situadas nunha posición alta no corpo. Boca pequena terminal ou subterminal.

Presentan unha ampla banda lateral prateada (á que deben o nome local de silversides). Dúas liñas laterais divididas, a superior esténdese sobre a banda lateral rematando antes da orixe da aleta anal, a inferior na parte ventral esténdese ata o pedúnculo caudal.

Os tamaños rexistrados oscilan entre os 52 cm para Odontesthes bonariensis e os 4 cm para Menidia colei.

Aliméntanse de zooplancto, insectos, pequenos peixes e, en ocasións, de caracois.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Dixídense en dúas subfdamilias, 13 xéneros e 104 especies:

  • Subfamilia Atherinopsinae:
    • Xénero Atherinops (Steindachner, 1876)
    • Xénero Atherinopsis (Girard, 1854)
    • Xénero Basilichthys (Girard, 1855)
    • Xénero Colpichthys (Hubbs, 1918)
    • Xénero Leuresthes (Jordan y Gilbert, 1880)
    • Xénero Odontesthes (Evermann y Kendall, 1906)
  • Subfamilia Menidiinae:
    • Xénero Atherinella (Steindachner, 1875)
    • Xénero Chirostoma (Swainson, 1839)
    • Xénero Labidesthes (Cope, 1870)
    • Xénero Melanorhinus (Metzelaar, 1919)
    • Xénero Membras (Bonaparte, 1836)
    • Xénero Menidia (Bonaparte, 1836)
    • Xénero Poblana (de Buen, 1945)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aterinópsidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aterinópsidos