Atención farmacéutica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A atención farmacéutica é un proceso cooperativo para a provisión responsable de terapia farmacolóxica a un paciente considerado individualmente. Buscar, previr e resolver problemas relacionados con medicamentos, para lograr que se logre alcanzar os resultados de saúde que se esperan.
A atención farmacéutica actual nace nos Estados Unidos da man de Charles Hepler e Linda Strand. Pero con anterioridade xorde basicamente das actividades de farmacia clínica desenvolvidas nos servizos de farmacia hospitalaria dese país.
A atención farmacéutica en Galicia, ao igual que en España, defínea o Consenso de atención farmacéutica, que engloba as tarefas do farmacéutico orientadas cara ao paciente: dispensación, consello / consulta e seguimento de tratamentos farmacolóxicos.