Atenas - Αθήνα

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 37°58′N 23°43′E / 37.967°N 23.717°E / 37.967; 23.717

Atenas - Αθήνα
Athens Montage 2.jpg
Situación xeográfica
Athens map.png
Estado: Grecia Grecia
Prefeitura: Ática
Xeografía
Altitude: 70 - 338 m msnm
Superficie: 412 km²
Poboación
Poboación total: 3.074.160 (2011)
Densidade de poboación: 7.462 /km2
Xentilicio: ateniense
Información
Código postal: 10x xx, 11x xx, 120 xx
Alcalde: Giorgos Kaminis
Sitio na web: www.cityofathens.gr

Atenas (en grego Athina ou Αθήνα) é a capital da Grecia e tamén a capital da rexión grega da Ática. Ademais de ser unha cidade moderna, Atenas tamén é famosa por ter sido unha poderosa cidade-Estado e un centro de cultura moi importante nos tempos antigos.

En grego antigo, Atenas era chamada Athenai (Αθήναι) e, no século XIX, este nome foi retomado formalmente como nome da cidade. Desde o abandono oficial do grego Katharevousa, na década de 1970, a forma popular Athina tornouse o nome oficial da cidade.

Índice

Localización [editar]

Vista nocturna da Acrópole en Atenas.

Incluindo os suburbios, Atenas ten unha poboación de máis de 4 millóns de habitantes, case un terzo da poboación total da Grecia. Atenas creceu rapidamente nos últimos anos e ven sufrindo problemas urbanos como superpoboación, atascos e polución do aire.

Atenas espállase pola planicie central de Ática, que está limitada polo monte Aegaleo a oeste, monte Parnita ao norte, monte Penteli a nordeste, monte Hímetus a leste, e o Golfo Sarónico ao suroeste. Atenas expandiuse de modo que cubriu toda a planicie, sendo, por tanto, pouco probábel que a cidade medre en área de forma significativa no futuro debido as fronteiras naturais. A xeomorfoloxía de Atenas causa frecuentemente fenómenos de inversións térmicas, parcialmente causadas polo problema de polución. (Os Ánxeles posúe unha xeomorfoloxía semellante e problemas decorrentes semellantes).

A terra é rochosa e de baixa fertilidade. O antigo local da cidade estaba centrado na colina rochosa da Acrópole. En tempos antigos, o porto de Piraeus (nome moderno: Pireas) era una cidade á parte, sendo actualmente parte da grande Atenas.

O centro da cidade é a Praza Sintagma (Praza da Constitución), diante do antigo Pazo Real hoxe Parlamento Grego e con outros edificios públicos do século XIX. A maioría das partes antigas da cidade concéntranse ao redor deste centro.

Atenas foi sede dos Xogos Olímpicos de 2004, así como dos primeiros xogos olímpicos modernos, os xogos de Atenas, en 1896, e as olimpíadas intermedias de 1906.

Historia [editar]

Artigo principal: Historia de Atenas.

Administración e goberno [editar]

Atenas é a capital de Grecia pero tamén é a capital da Periferia de Ática e da Prefectura de Atenas. A cidade é a capital do país desde 1834 ao se trasladar desde Nafplion, a capital provisoria durante a Guerra de Independencia Grega.

Municipio de Atenas [editar]

Distritos do municipio de Atenas

A cidade moderna de Atenas consiste nun conglomerado de distintas vilas e aldeas que gradualmente converxeron unha única gran metrópole, a maior parte desta expansión aconteceu durante a segunda metade do século XX. A Gran Atenas divídese en 55 municipios, o maior é o Municipio de Atenas ou Dimos Athinaion, que ten unha poboación de 745.514 habitantes e divídese en sete distritos municipais ou demotika diamerismata, que se utilizan a efectos administrativos aínda que popularmente a cidade divídese en barrios, cada un coa súa propia historia e características, entre eles están Pangrati, Ambelokipi, Exarcheia, Ano Patissia, Kato Patissia, Ilissia, Ano e Kato Petralona, Mets, Koukaki e Kypseli.

Cidades irmandadas [editar]

Notas [editar]

  1. "Los Angeles Sister Cities". City of Los Angeles. www.lacity.org. http://www.lacity.org/sistercities/. Consultado o 2007-01-03. 
  2. "Chicago Sister Cities". City of Chicago. www.chicagosistercities.com. http://www.chicagosistercities.com/index.php. Consultado o 2007-01-03. 
  3. "Beijing Sister Cities". City of Beijing. www.ebeijing.gov.cn. http://www.ebeijing.gov.cn/ying/default.htm. Consultado o 2007-01-03. 

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: