Asuán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Asuán - أسوان")
Assouan, en 1857.
A cidade de Asuán vista desde a illa Elefantina
Presa de Asuán

Asuán (أسوان Aswān) é a cidade máis meridional de Exipto, na marxe oriental do río Nilo, á altura da Primeira Catarata e capital da gobernación homónima. Posúe 220.000 habitantes (2002), e é capital da gobernación de Asuán. Está situada na beira oriental do Nilo, é un centro comercial e turístico.

Asuán é un dos lugares habitados máis secos do mundo. Na antigüidade levaba o nome de Siena (Syene) do cal deriva Asuán (Syene → As Syene → As Son → As Suán → Asuán ). A súa fama actual débese ao encoro construído para regular as augas do Nilo.

A posición moi cerca do trópico do cáncer de Asuán permitiu a Eratóstenes calcular a circunferencia da Terra: un mercador contoulle que o día do solsticio de verán, o 22 de xuño a mediodía, a luz do sol iluminaba o fondo dun pozo, co que Eratóstees deduciu que o sol encontrábase entón exactamente no cénit, e comparou coa súa posición no ceo neste mesmo intre na súa cidade, Alexandría o que lle deu a distancia angular entre as dúas cidades. Coñecendo a distancia entre as dúas cidades, puido calcular, aplicando a proporcionalidade, o raio da Terra.

Presa de Asuán[editar | editar a fonte]

É unha grande obra hidráulica que Exipto construíu coa axuda tanto técnica como económica da Unión Soviética. Presenta as seguintes características:

  • lonxitude de 5 quilómetros
  • altura mínima no centro de 76 metros
  • lonxitude do encoro, máis de 400 km.
  • capacidade de 70.000 millóns de m³
  • produción enerxética de 10.000 millóns de kWh anuais
  • capacidade de irrigación 800.000 ha.

A Canteira do Obelisco inacabado[editar | editar a fonte]

Nesta localidade atópase unha das canteiras máis coñecidas do Antigo Exipto. Trátase dunha canteira de granito, situada na ribeira oriental do Nilo, no centro da cidade. Contén un gran obelisco inacabado, que non foi rematado debido a que presenta grietas latentes na pedra. Este monumento inacabado proporciona a excelente oportunidade para os arqueólogos de entender cómo se traballaba nas canteiras de esa clase, sendo o mellor exemplo de conservación en Exipto dunha canteira en pleno labor de produción dun obelisco.

O obelisco se tivese sido acabado houbera sido o máis grande do mundo, 41,75 metros de altura e 1.168 toneladas de peso.

Dende o ano 2002 está ser obxecto de estudo arqueolóxico e traballos de acondicionamento para a súa explotación turísticas. Durante estes traballos fixéronse descubertas importantes como a existencia dunha canle que poida que comunicase a canteira co Nilo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Asuán

Outros artigos[editar | editar a fonte]