Asturias de Oviedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Asturias de Oviedo fan referencia a unha comarca histórica, que se estendía desde o río Eo na parte occidental e ata a conca do río Deva na oriental, comprendendo todos os vales entre estes dous ríos desde a costa ata a cordilleira Cantábrica no sur. O seu capital estaba en Oviedo. Xunto ás de Oviedo existían tamén as Asturias de Santillana.

Comarca creada en 1230, por mor da reorganización territorial de Fernando III, cando os reinos de León e Castela únense definitivamente. Nesta reorganización o territorio dos modernos concellos de Ribadedeva, Peñamellera Alta e Peñamellera Baja, que anteriormente dependía de Oviedo, pasa a formar parte do meiriñado castelán das Asturias de Santillana con capital en Santillana del Mar.

Esta comarca desaparece coa división territorial de España de 1833, creándose a provincia de Oviedo (actual provincia de Asturias). Os concellos de Ribadedeva e as dúas Peñamelleras volven formar parte de Asturias, da que foron separados en 1230.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]