Astronomische Nederlandse Satelliet
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Observatorio espacial. |
| Fabricante | |
| Data de lanzamento | 30 de agosto de 1974[1][2][3] |
| Foguete portador | Scout[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Base Vandenberg das Forzas Aéreas[2] |
| Duración da misión | 20 meses[2] |
| Obxectivo da misión | Observación astronómica en raios X.[2][4] |
| Decaemento | 14 de xuño de 1977 |
| NSSDC ID | 1974-070A |
| Masa | 130 kg[2][4][5] |
Astronomical Netherlands Satellite, tamén coñecido polo seu acrónimo ANS, foi un observatorio espacial neerlandés lanzado o 30 de agosto de 1974 mediante un foguete Scout desde a base Vandenberg das Forzas Aéreas. Construiuse un duplicado do satélite que nunca chegou a voar e que foi doado finalmente a un museo.[2][4]
Características [editar]
ANS adicouse a observar e estudar o ceo en raios X e ultravioleta desde unha órbita heliosincrónica de 266 km x 1176 km e unha inclinación orbital de 98°. O rango de enerxías dos raios X observados era de entre 2 e 15 keV e no ultravioleta observou no rango de lonxitudes de onda de entre 1500 a 18.000 Angstroms.[2][4]
A actitude do satélite controlábase mediante bobinas magnéticas que interactuaban co campo magnético terrestre e mediante volantes de inercia, e a determinación da posición levábase a cabo mediante sensores solares, de horizonte e estelares, así como cun magnetómetro.[2][4]
ANS reentrou na atmosfera terrestre o 14 de xuño de 1974.[1]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "ANS" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=7427. Consultado o 22 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "ANS" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1974-070A. Consultado o 22 de decembro de 2011.
- ↑ "Note verbale dated 28 November 1977 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (77-27037). 6 de decembro de 1977. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=283.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "ANS" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ans.htm. Consultado o 22 de decembro de 2011.
- ↑ "ANS" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/ans.htm. Consultado o 22 de decembro de 2011.