Astroloxía
A astroloxía é un sistema ou tradición no que o coñecemento da posición aparente e o movemento dos astros se usa para intentar comprender, interpretar e organizar o coñecemento sobre a realidade e a existencia humana na Terra.
Historia e características [editar]
É un conxunto de crenzas para coñecer e predicir o destino das persoas, e con ese coñecemento prognosticar os sucesos futuros. Supón o chegar a ese coñecemento mediante a observación da posición e o movemento dos astros. Os astrólogos sosteñen que as posicións destes exercen influencia ou teñen correlación cos trazos da personalidade da xente, os sucesos importantes das súas vidas, e mesmo as súas características físicas.
Na antigüidade, a astroloxía concorría coa astronomía (estudo científico dos ceos), pero se foron separando logo do renacemento a raíz do racionalismo (ó igual que a alquimia da química). O emprego desta disciplina no mundo actual, coa pretensión de ser coñecemento válido, converteuna nunha pseudociencia.
A palabra provén do grego αστρολογία, de άστρον (ástron), ‘estrela’ e λόγος (logos) ‘palabra, estudo’, ou sexa, o coñecemento das estrelas e os ceos.