Astrid (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Astrid
Astrid
Tipo Observatorio da atmosfera superior.
Satélite de Terra
Data de lanzamento 24 de xaneiro de 1995 ás 3:54:22 UTC[1][2][3]
Foguete portador Kosmos 3M[2][4]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misión Estudio da atmosfera superior da Terra.[2]
NSSDC ID 1995-002B
Masa 24,7 kg[2][4]
Potencia 38,5 W[2][5]
Baterías Dúas baterías de níquel-cadmio.[5]
Inclinación 82,9°[1]
Apoapse 1030,4 km[1]
Periapse 967,2 km[1]

Astrid ou Astrid 1 é un microsatélite sueco lanzado o 24 de xaneiro de 1995 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características[editar | editar a fonte]

Astrid 1 é o terceiro satélite científico sueco e adicouse a investiga-lo contorno de plasma da Terra, centrándose nos fenómenos relacionados coas partículas neutras para mellorar a comprensión do comportamento dos cinturóns de radiación e estudar a súa dinámica e morfoloxía. Astrid 1 é o primeiro microsatélite montado sobre a plataforma FREJA-C, cumplindo tamén a función de demostrador tecnolóxico.[2]

O satélite estabilízase mediante xiro, co eixo de xiro apuntando cara o Sol. O sistema de datos ten unha memoria de 8 MB e as comunicacións teñen lugar a unha velocidade de 8 kbps e a unha frecuencia de 400 MHz cara a estación de terra situada en Kiruna. O satélite tamén fai un pase diario sobre a estación de Esrange, coa que se comunica en banda S a 128 kbps.[2]

O tempo estimado de vida do satélite era de un ano, pero os instrumentos fallaron o 1 de marzo de 1995.[2]

Instrumentación[editar | editar a fonte]

A instrumentación foi deseñada polo Instituto Sueco de Física Espacial de Kiruna, e consiste en tres experimentos:[2]

  • PIPPI (Prelude in Planetary Particle Imaging): trátase de dúas cámaras de partículas neutras e é o instrumento principal do satélite.[4]
  • EMIL (Electron Measurements - In-situ and Lightweight): é un espectrómetro de electróns.[4]
  • MIO (Miniature Imaging Optics): é un fotómetro para o ultravioleta.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "ASTRID" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=23464. Consultado o 20 de decembro de 2011.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 "Astrid" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1995-002B. Consultado o 20 de decembro de 2011.
  3. "Note verbale dated 16 February 1995 from the Permanent Representative of Sweden to the United Nations (New York) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (95-52456T). 23 de marzo de 1995. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=469.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Astrid 1" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/astrid-1.htm. Consultado o 20 de decembro de 2011.
  5. 5,0 5,1 "Astrid" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/astrid.htm. Consultado o 20 de decembro de 2011.