Astilleros Cardama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°13′31″N 8°44′56″O / 42.2252523, -8.7489677

Cardama
TipoSociedade Anónima
Fundación1916
LocalizaciónVigo
FundadorFrancisco Cardama Godoy
IndustriaNaval
ProdutosBuques
editar datos en Wikidata ]

Astilleros y Varaderos Francisco Cardama S.A. é un estaleiro galego cuxas instalacións se atopan no barrio de Bouzas (Vigo), iniciándose no ano 1916 nas actividades de deseño, construción, reparación e transformación de buques, así como tamén de todo tipo de estruturas flotantes en xeral, actividade que a empresa continúa desenvolvendo na actualidade.

Instalacións[editar | editar a fonte]

"Astilleros y Varaderos Francisco Cardama S.A." dispón de diversas instalacións situadas en Bouzas (Vigo), entre as que destacan 6 vías de diques secos destinadas á construción e reparación con capacidade máxima para buques de 105 metros de eslora e 14,60 metros de manga. Ademais, o estaleiro tamén dispón nas súas instalacións dun peirao de reparacións propio de 80 metros de lonxitude.