Azteca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Asteca")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Calendario azteca
O actual escudo de armas de México ilustra a lenda da aguia e a serpe

Os mexicas -chamados na historiografía tradicional aztecas- foron un pobo indíxena de filiación nahua que fundou Tenochtitlán e ó redor do século XV converteuse no centro dun dos estado mais extensos que coñeceu Mesoamérica asentado nun illote ó poñente do lago de Texcoco hoxe practicamente seco, sobre o que se asenta a actual Cidade de México, e que corresponde á ubicación xeográfica da mesma. Aliados con outros pobos da cunca lacustre do Val de México -Tlacopan e Texcoco- os mexicas someteron a varios pobos indíxenas que se asentaron no centro e no sur do territorio actual méxico agrupados territorialmente en altépetl.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

A orixe dos mexicas sitúase entre o grupo de falantes de Náhuatl do norte do actual México e devanceiros dos asentados durante a chamada etapa chichimeca. tradicionalmente pensouse que houbo unha división raza entre Aridoamérica -con grupos cazadores e recolectores principalmente- e Mesoamérica, con pobos sedentarios e agricultores. Grazas ós estudos mais recentes sabese que non foi así e que a diversidade étnica permitiu a moitos grupos de orixe chichimeco posuír diferentes graos de estratificación e sedentarismo, segundo as variantes rexionais e as condicións ambientais onde se asentaron. Por iso ó ter un contacto maior con grupos mesoamericanos adoptan modos e usos civís que xa tiñan dalgunha forma no norte do actual México. No século XII desintegrouse Tollan, provocando unha dispersión demográfica de grupos tolteca-chichimecas que avanzaron sobre Cholula, ocupándoa logo de derrotar ós grupos olmeca-xicalancas alí asentados coa axuda militar concertada polos xefes Icxicóuatl y Quetzalteueyac lideres dos cholultecas, en Chicomoztoc. Alí obtiveron o apoio dos totomiauques, dos cuauhtinchantlacas, dos acolhúas chichimecas, dos texcaltecas, dos malpantecas, dos zacatacas e dos tzauctecas. Dita alianza miliatr derrotou ós olmeca-xicalancas asentados no altiplano central dos atepetl de Xochimilco, Ayapanco, Teciuhquemecan, Texalucan, Tilihuacan Cuiloc e Auzolco, provocando o asentamento e procesos maiores de interrelación étnica. Grupos chichimecas inmigrantes do norte non deixarán de migrar cara o Altiplano Central e os vales de Puebla e Tlaxcala, orixinando maiores conflitos e alianzas entre altépetl.

Chegada á Cunca de México[editar | editar a fonte]

Os mexicas foron a última gran migración chichimeca cara o Altiplano Central, o cal ocurriu entre os séculos XII e Século XIV o mito mexica oficial enuncia a súa orixe mítica en Aztlán, unha illa orixinaria de onde prtiron por designios divinos. A evidencia histórica mostra que a idea de Aztlan responde xunto a outros moitos simbolismos e difrasismos mexicas,a unha concepción mítica e arquetípica do illote México-Tenochtitlán, no que o mito fraguou xa co esplendor de dita urbe, amais de que as fontes documentais mencionan unha asimilación do mesoamerican dende as primeiras migracións. Segundo os mexicas a saída da illa fíxose en sete grupos denominados calpultin, do que era o mais forte os huitznahuaque, que tiñan como deus tutelar a Huitzilopochtli, na compaña dos teomamaques ou sacerdotes que portaban os diversos tlaquimilollis ou bultos sagrados, que contiñaChapultepec polos altépetl de n despoxos dos devanceiros ou diversos obxectos moi sagrados para as aínda tribos. O Códice Boturini enuncia a ruta oficial feita polos mexicas, que incluíu sitios de Hidalgo e México dos que foron sucesivamente expulsdados. Naquel tempo había xa moitos altépetl que contaban con séculos de asentamento e cun grao superior de civilización e asimilación da tradición mesoamericá da que os mexicas tomarán todo o seu coñecemento. O altépetl de Texcoco dos acolhúas incluso na maior etapa de esplendor mexica seguiu conservando unha supremacía inteectual sobre México-Tenochtitlán (cunha amoxcalli ou casa dos libros esplendorosa) e unha postura moral sobre os mexica de tipo nobre ecomo posuídores dunha cultura mais anterga. ó chegares os mexicas á cunca de México atoparon un panorama politico complexo e asentado, así como o sometimento por parte dos tepanecas de Aztcapotzalco a case tódolos altépetl. Logo de saír expulsados de Chapultepec polos altépetl de Aztcapotzalco, Xaltocan, Culhuacan y Xochmilco, asentanse en Tizapan, dominio territorial de Culhuacan, o cal abandonan pola dureza das condicións e un enfrontamento cos culhuacas, dirixídose cara a rexión de Texcoco antes de elixir un illote onde xa existían asentamentos previos segundo evidencias arqueolóxicas. Segundo a historia aceptada oficialmente, nun illote o poñente do Lago Texcocofundaron os mexicas México-Tenochtitlán no ano 2 Calli ou 1325 onde se cumpriu segundo o mito oficial, a prfecí dunha aguia engulindo unha serpe enriba dun nopal. gora sabese que os mexicas establecéronse previamente en diversas pobación, incluso fundaron algunhas cidades. A información cifrada nos documentos revela que xa habitaban o illote dende 1274 o asentamento final incluíu a aceptación de Aztcapotzalco como altéptl supremo, tributándolle periodicamente e unha condición xeral de obediencia. O illote estaba cuberto de carrizas, tulares e unha grande diversidade subacuática que lles permitirá a supervivencia e unha posicion militar estratéxica, se ben os primeiros anos as súas condicións de vida serán precarias.

A chegada dos conquistadores españois en 1523, baixo o mando de Hernán Cortés, acabou co Imperio. Cuauhtémoc, o último monarca azteca, foi asasinado e a súa capital, Tenochtitlán, destruída polo lume.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]