Astérix (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Astérix (A-1)
Asterix Musee du Bourget P1020341.JPG
Astérix (A-1)
Tipo Experimental.
Satélite de Terra
Data de lanzamento 26 de novembro de 1965[1][2][3][4]
Foguete portador Diamant A[2][5][6]
Sitio de lanzamento Hammaguir[2]
Obxectivo da misión Experimental.[2][5]
NSSDC ID 1965-096A
Masa 42 kg[2][5][7]
Dimensións 0,53 m de diámetro[2]
Semieixo maior 7468,0 km[1]
Inclinación 34,3 graos[1]
Apoapse 1663 km[1]
Periapse 531 km[1]

Astérix, tamén denominado A-1, foi o primeiro satélite artificial francés, convertendo a Francia no terceiro país en lanzar un satélite cun vehículo lanzador propio. O satélite foi lanzado o 26 de novembro de 1965 ás 15:47[4] desde o polígono de Hammaguir, en Arxelia, mediante un foguete Diamant A.[2][3][1][6]

Características[editar | editar a fonte]

Astérix ten forma de dobre cono, cun diámetro máximo de 0,53 metros, e a súa función era comprobar o rendemento e o comportamento do foguete durante o lanzamento. Como misión secundaria, usaríase para facer medicións da ionosfera, pero debido a un problema coas antenas non se recibíu telemetría do satélite nin se puideron levar a cabo as medicións ionosféricas.[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "A-1 (ASTERIX)" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=1778. Consultado o 22 de decembro de 2011.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "A 1" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1965-096A. Consultado o 22 de decembro de 2011.
  3. 3,0 3,1 (PDF) Note verbale dated 28 January 2004 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General. 2 de marzo de 2004. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=3092.
  4. 4,0 4,1 "Francia ha lanzado su primer satélite espacial" (PDF). La Vanguardia Española: 23. 27 de novembro de 1965. http://hemeroteca.lavanguardia.com/preview/1965/11/27/pagina-23/32673389/pdf.html.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Asterix (A 1)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/asterix.htm. Consultado o 22 de decembro de 2011.
  6. 6,0 6,1 "Diamant A" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/lvs/diamanta.htm. Consultado o 13 de xullo de 2012.
  7. "Asterix" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/asterix.htm. Consultado o 22 de decembro de 2011.