Association for the Sociology of Religion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Association for the Sociology of Religion (ASR) é unha asociación académica que centra o seu interese no estudo e divulgación da socioloxía da relixión, conta con máis de 700 membros e celebra as súas xuntanzas nos mesmos lugares e á vez que a American Sociological Association.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A ASR fundárona sociólogos católicos en 1938 co nome de American Catholic Sociological Society.[1] A organización tomou o seu nome actual en 1970, reflectindo as mudanzas que supuxo o Concilio Vaticano II e a política do Vaticano de se abrir a outras confesións.

Actividades[editar | editar a fonte]

A publicación oficial da asociación é Sociology of Religion: A Quarterly Review de publicación trimestral, primeiro publicada en 1940 co nome de American Catholic Sociological Review e cambiado en 1963 por Sociological Analysis. A Publication of American Catholic Sociological Society.[1] e en 1967 por Sociological Analysis. A Journal in Sociology of Religion, esa mudanza de nome, que reflectía o cambio desde unha perspectiva católica a outra máis centrada no estudo da socioloxía da relixión, supuxo unha diverxencia no seo da asociación e que algúns dos seus membros deixaran a organización[1]. A ASR coedita a colección Religion and the Social Order.[1].

Entre os presidentes da ASR estiveron David G. Bromley,[2] James T. Richardson,[3] Eileen Barker[4] e Benton Johnson[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Swatos, William H.; Kivisto, Peter (1998). Rowman Altamira, ed. Encyclopedia of religion and society. ISBN 978-0-7619-8956-1. Consultado o 20 de maio de 2012. 
  2. Lewis, James R. (2004). The Oxford handbook of new religious movements. Oxford University Press US. pp. xi. ISBN 978-0-19-514986-9. 
  3. Bromley, David G. (2007). Oxford University Press US, ed. Teaching new religious movements. pp. x. ISBN 978-0-19-517729-9. 
  4. Beckford, James A.; Richardson, James T. (2003). Routledge, ed. Challenging Religion: Essays in Honour of Eileen Barker. pp. 5. ISBN 978-0-415-30948-6. 
  5. Swatos, William H.; Peter Kivisto (1998). Rowman & Littlefield Publishers, ed. Encyclopedia of Religion and Society. Latham, Maryland. pp. 251–252. ISBN 978-0-7619-8956-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]