Associação Internacional de Lusitanistas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Associação Internacional de Lusitanistas, coñecida tamén polo acrónimo AIL, fundada en Poitiers (Francia) en 1984, é unha asociación creada co obxectivo de fomentar os estudos de lingua, literatura e cultura dos países de lingua portuguesa, para o cal realizan diferentes eventos, establecen contactos internacionais e editan unha revista, entre outras accións.

Organigrama[editar | editar a fonte]

Actualmente conta con 850 membros en 32 países [1] Para ser membro da AIL é requisito imprescindíbel ser profesor, investigador ou estudoso, e posteriormente ter a aceptación do Consello Directivo da asociación e posteriormente da Asemblea Xeral.

Desde o ano 2008 a AIL está presidida polo profesor galego Elias J. Torres Feijó. Na Secretaría está a tamén profesora galega Carmen Villarino Pardo. Entre 2011 e 2014 foi secretario xeral Roberto López-Iglésias Samartim.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Texto de presentación na web da AIL Arquivado 22 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. (consultado o 21 de xaneiro de 2010)</small.