Assemblage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A assemblage é un proceso artístico que consiste dar tridimensionalidade a unha composición mediante a combinación de diferentes obxectos, naturais ou fabricados pero coa característica común que non foran creados especificamente como materiais artísticos.

A orixe do termo está na obra de Jean Dubuffet que a comenzos dos anos 50 do século XX creou unha serie de collages de ás de bolboreta á que lle deu por título assemblages d'empreintes. Non obstante anteriormente artistas como Marcel Duchamp e Pablo Picasso traballaran con obxectos non artísticos, así como tamén Elsa von Freytag-Loringhoven e Louise Nevelson.

En 1961 o Museo de Arte Moderna de Nova York organizou a mostra "The Art of Assemblage" coa participación de artistas norteamericanos e europeos, o que lle deu carta de natureza dentro do mundo da arte.