Assassin's Creed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Assassin's Creed
Distribuidora(s): Ubisoft
Produtor(es): Jade Raymond
Motor: Havok como motor de físicas e Scimitar como motor gráfico.
Data(s) de lanzamento: PS3 e XBox 360:
NA EU XP15 de febreiro de 2008
PC:
NA 8 de abril de 2008
AU 9 de abril de 2008
EU 10 de abril de 2008.
Xénero(s): Acción y aventura
Modos de xogo: Un xogador
Clasificación(s): 18+
Plataforma(s): PC, PS3, XBox 360, PSP
Páxina oficial: http://assassinscreed.es.ubi.com/

Assassin's Creed é un videoxogo lanzado para PS3, Xbox360 e PC, ambientado na Terceira Cruzada e no ano 2012. No 2012 controlamos a Desmond Miles, que se atopa secuestrado pola corporación Abstergo. Durante a Terceira Cruzada manexamos a Altair, un xoven pertencente a un grupo de asasinos, cuxa misión é a de salvagardar Terra Santa da intrusión dos cruzados.

Índice

[editar] Cidades que aparecen

Aparecen tres cidades: Xerusalén, Damasco e Acre. As tres están recreadas con gran detalle e nelas Altair debe asasinar certos obxectivos. Tamén pode axudar a diversos cidadáns e enfrontarse ao soldados de ambos bandos: cruzados e musulmáns. As tres cidades están conectadas por camiños, que constitúen o maior escenario do xogo: o reino. Nel áchanse batallóns de soldados, poboados e construcións defensivas.

[editar] Habilidades de Altair

Como asasino, Altair posúe unha espada, unha daga agochada e coitelos que pode lanzar. Ademais, tamén pode escalar e saltar. Nalgúns sitios elevados pode saltar e caer nun montón de palla (saltos de fe).

[editar] Misións secundarias

Ademais das misións de asasinatos, no xogo poden realizarse misións secundarias, coma axudar a algúns cidadáns, atopar numerosos estandartes e eliminar a 60 templarios distribuídos por toda Terra Santa.

[editar] Crítica

As revistas e páxinas web especializadas déronlle boas notas a Assassin's Creed: 90 en GameSpot, 77 en IGN acadando finalmente un 81 en Metacritic para Xbox360[1], un 80 para PS3[2] e un 79 para PC[3].

[editar] Vendas

Desde a súa saída ao mercado, Assassin's Creed vendeu 3,38 millóns segundo Vgchartz[4].

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas