Aspartamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fórmula del aspartamo

O Aspartamo ou aspartame , descuberto en 1965 por J.P. Schlatter, é o nome dun edulcorante artificial, que non pertence ó grupo dos carbohidratos. Quimicamente é o Aspartil-fenilalanina-1-metil éster; un ester metílico do dipéptido formado a partir dos aminoácidos ácido aspártico e fenilalanina. Denominado na industria alimentaria coas siglas E-951.

É totalmente metabolizado polo organismo, e a súa hidrólise da lugar a ácido aspártico, metanol e fenilalanina.

Os medios ácidos, como os zumes de froitas (pH comprendidos entre 3 y 5) e as bebidas de cola (p < 3) ocasionan a descomposición da molécula de aspartamo. O aspartamo descomponse en medio acuoso e quente, dando metanol e dicetopiperazina. Perde dulzor cando se somete a temperaturas superiores a 30º C ou máis baixas de forma prolongada. A inestabilidade ó calor non permite o seu emprego en produtos que necesitan cocción.

É unhas 160 veces máis doce que o azucre común, sacarosa, e posúe un valor enerxético de 4 calorías por cada gramo. Por este motivo, a pesar de ser calórico, as pequenas cantidades en que se emprega fan que o seu valor enerxético resulte inapreciable. O consumo de alimentos que conteñen aspartamo deixa un sabor doce permanente, a diferenza doutros edulcorantes que deixan un regusto amargo.

Emprégase como edulcorante baixo en calorías en: refrescos, zumes, cereais de almorzo, como edulcorante de mesa, chicles, lácteos, marmeladas, bebidas quentes de chocolate, multivitaminas e en produtos farmacéuticos. Está presente en aproximadamente 6.000 bebidas e alimentos usados en todo o mundo.

A inxesta máxima diaria é de 40 mg/kg. Non produce caries. Grandes doses de aspartamo poden resultar tóxicas.


É unha fonte importante de fenilalanina e metanol, polo que, en exceso, pode producir trastornos na saúde. É una sustancia inocua nas doses recomendadas, salvo en persoas que padecen fenilcetonuria; unha enfermidade conxénita na que se acumulan cantidades moi altas de fenilalanina no sangre, orixinando retraso mental y outras alteracións importantes na saúde e na calidade de vida. Por este motivo é obrigatorio que no etiquetado apareza unha destas advertencias: "non apto para fenilcetonúricos", ou "contén unha fonte de fenilalanina".



Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]