Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega
Tipoasociación
Data de fundación1905
Fundador(es)Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal
PaísCuba
editar datos en Wikidata ]

A Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega foi unha asociación fundada co obxectivo de crear unha Academia Galega para promocionar a lingua galega[1].

Historia[editar | editar a fonte]

Fundouse en xuño de 1905 na Habana por iniciativa de Manuel Curros Enríquez e Xosé Fontenla Leal a raíz da reprodución dun artigo de Manuel Murguía, "Diccionario de la lengua gallega (Necesidad de su formación y publicación)" na revista Galicia o 2 de abril de 1905 e a réplica de Nan de Allariz afirmando que non existía un patriotismo galego pola falta de fervor rexionalista do pobo galego, o que produciu unha reacción na emigración galega que fixo que nese mes se constituíse unha xestora para fundar un órgano que codificase a lingua e na que participaban os máximos dirixentes do Centro Gallego, do orfeón Ecos de Galicia, da Beneficiencia de Naturales de Galicia e membros da xa desaparecida La Peña Gallega.

En 1917 tiña 433 socios e en 1923 tiña 120 asociados.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]