Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Tipo | O.N.G. |
|---|---|
| Fundación | 1995 |
| Localización | Santiago de Compostela, Galicia |
A Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea é unha organización non gobernamental de axuda ao desenvolvemento e comercio xusto situada en Santiago de Compostela.
Índice |
[editar] Traballo e Organización
Foi fundada en 1995 por un antigo grupo de voluntarios que buscaban a súa propia maneira de facer chegar o consumo responsábel, o comercio xusto e a acción social a Santiago de Compostela e Galicia.[1]
Panxea é gobernada de maneira asemblearia polos seus membros, que organizados por comisións, presentan e discuten as súas propostas. Ademais da asemblea xeral anual, conta con reunións semanais, abertas á participación pública.[2]
Xunto ás actividades de educación social, sensibilización e axuda ao desenvolvemento, conta cunha tenda pública de produtos de comercio xusto e ecolóxico.
Forma parte da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel, da Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos e do Espacio por un Comercio Justo (Espazo por un Comercio Xusto).[3]
Panxea recibiu o Premio Vagalume 2006 concedido polo Concello de Santiago ao proceso de sensibilización e difusión do Comercio Xusto levado a cabo na cidade, ademais de outros premios e citacións menores.[4]
Desde abril de 2010, Panxea organizouse coma Cooperativa Galega de Consumidores, baixo as siglas "Panxea S.C.G."[5]
A actividade principal de Panxea adscríbese ao comercio xusto. A difusión principal lévase a cabo nun establecemento de venda ao público.
Os produtos son adquiridos mediante importadoras de Comercio Xusto, encargadas de garantir a orixe e respecto de dito produto aos principios internacionais do Comercio Xusto.
Os produtos ecolóxicos obtéñense de produtores locais, fomentando cadeas curtas de distribución e o respecto polo medio ambiente.
O resto da educación, difusión e sensibilización lévase a cabo mediante a preparación de actos, conferencias e obradoiros.
[editar] Referencias
- ↑ Páx.1 Estatutos da Asociación Panxea (Word). Consultado o 2009-04-20.
- ↑ Páx.2 Estatutos da Asociación Panxea (Word). Consultado o 2009-04-20.
- ↑ http://panxea.org/panxeablog/?page_id=105.
- ↑ Premio Vagalume 2006.
- ↑ Nova Panxea.