Asociación de Técnicos de Informática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación de Técnicos de Informática
Tipoasociación profesional
Campo de traballoInformática
Data de fundación1967
PaísEspaña
Na rede
http://www.ati.es
editar datos en Wikidata ]

A Asociación de Técnicos de Informática (ATI) é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a profesionais e estudantes do sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). O seu ámbito é España, e nel a súa implantación está desenvolvida a través dos seus Capítulos Territoriais, entre eles o de Galicia. Fundada en 1967[1], é a asociación profesional española máis antiga adicada á informática, con sedes en Barcelona (sede xeral) e Madrid.

ATI publica en español a revista Novática, decana da prensa informática española, así como Revista Española de Innovación, Calidad e Ingeniería del Software. Dende 2000 a 2011 publica tamén a revista dixital en inglés UPGRADE: The European Journal for the Informatics Professional, por delegación doConsello de Sociedades Informáticas Profesionais Europeas (CEPIS).

ATI conta con dezaséis grupos de traballo[2] cubrindo diversas áreas do sector das TIC e participa, como entidade organizadora ou colaboradora, en eventos do sector.

ATI é a representante da profesión informática española na Federación Internacional para o Procesado da Información (IFIP)[3] e CEPIS[4], organización da que é membro fundador. Tamén conta cun acordo de colaboración coa Asociación para a Maquinaria de Cómputo (ACM)[5].

A nivel estatal estableceu acordos de colaboración ou vinculación con Ada Spain, ASTIC, Hispalinux, AI2 e a Asociación Nacional de Estudantes de Enxeñerías e Enxeñerías Técnicas en Informática (RITSI).

ATI expresa a súa posición sobre diversos temas (Software libre, estudos universitarios de Informática, Canon por copia privada, etc.) a través de comunicados, notas de prensa e editoriais da revista Novática.

En 2017 a Axencia Española de Protección de Datos impón a ATI dúas multas, unha de 45.000 € (infracción moi grave) por transmitir datos de carácter persoal fora do territorio do Espazo Económico Europeo, e outra de 5.000 € (infracción leve), por remitir correos electrónicos a través do servizo MailChimp de The Rocket Science Group LLC vulnerando o dereito dos destinatarios[6]. Os recursos de ATI contra das sancións son desestimados sucesivamente pola Audiencia Nacional[7] e o Tribunal Supremo de España[8].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]