Asociación de Construtores Europeos de Automóbiles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Asociación de Construtores Europeos de Automóbiles, en francés Association des constructeurs européens d'automobiles e en inglés European Automobile Manufacturers Association, comunmente coñecida como ACEA é un lobby fundado en 1991 que representa os intereses da industria automobística europea diante a Unión Europea[1].

Organización e membros[editar | editar a fonte]

A ACEA agrupa quince membros: BMW, DAF Trucks, Daimler AG, Fiat, Ford Europa, General Motors Europa, Jaguar Land Rover, MAN AG, Porsche, PSA Peugeot-Citroën, Renault, Scania, Volkswagen, Volvo e Toyota Europa. A súa sede permanente está na cidade de Bruxelas, o seu secretario xeral é desde 2001 Ivo Hodac, a presidencia é rotatoria entre os membros, exércea para o período 2008-2009 Christian Streiff, director executivo de PSA Peugeot-Citroën.

Acordo de 1998 coa UE[editar | editar a fonte]

En 1998 subscribiu un acordo coa Unión Europea para reducir as emisións de CO² dos novos vehículos, fabricandos ou importados, que se concretou na diminución dunha media dun 2.5% anual das emisións dos fabricantes[2] pero que non deu os resultados que esperaba a Comisión Europea[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Web da ACEA
  2. Raphael Edinger e Sanjay Kaul Sustainable mobility: renewable energies for powering fuel cell vehicles. Greenwood Publishing Group, 2003, páxina 21
  3. Transportenvironment.org/docs/Publications/2006/2006-10_how_clean_is_your_car_brand.pdf