Asher Ginsberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asher Ginsberg

Asher Ginsberg ou Akhad Haam, nado en Skvyra, Ucraína, en 1856 e finado en Tel Aviv en 1927, foi un dos grandes pensadores do sionismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou militando no movemento sionista Hovevei Tsyion do seu amigo Leon Pinsker, pero axiña converteuse nun crítico da súa política de asentamentos en Palestina, preferindo un sionismo cultural. Despois do primeiro congreso sionista (1897) deixou a organización, polo seu desacordo coa chamada ao establecemento dun estado en Palestina, el cría que primeiro había que establecer o sentimento sionista entre os xudeus da diáspora antes de pensar en ter un estado propio. Fundou e dirixiu o movemento Bnai Moshe (Fillos de Moisés) (1890) centrado na difusión da educación e literatura hebrea.