Ashanti Alston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ashanti Alston
Nacemento1954
Lugar de nacementoPlainfield
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónescritor, activista, escritor de non ficción, caregiver e orador
CónxuxeSafiya Bukhari
Na rede
http://www.anarchistpanther.net/
Twitter: Ashanti_Alston Pinterest: apanther4life Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ashanti Alston Omowaii é un activista anarquista, orador, escritor e ex-membro do Partido Pantera Negra, así como do Exército Negro de Liberación. Polos actos relacionados con esta última militancia pasou máis dunha década na cadea acusado de asalto a man armada, aínda que el mesmo, ao non recoñecer o dereito de propiedade, denominaba esas accións como "expropiacións bancarias".

Actualmente é o coordenador para o nordeste dos Estados Unidos do movemento Resistencia Crítica (Critical Resistance), codirixente do National Jericho Movement (organización que loita pola liberación dos presos políticos estadounidenses), e membro da organización pro-zapatista para persoas de cor Estación Libre, pertence tamén ao Instituto de Estudos Anarquistas. Ademais disto elaborou catro números do fanzine "@narchist Panther Zine" (Fanzine do Pantera Anarquista), nome orixinado no feito de que, a pesar da disolución da organización, Alston segue a considerarse un Pantera Negra e tense referido a si mesmo como o Pantera Anarquista. No citado medio defínese a si mesmo como un anarquista negro e un anarquista posmoderno.

Alston tense oposto nas súas publicacións ás ideas de movementos como Persoas Anarquistas de Cor (Anarchist People of Color), no relativo á cuestión do nacionalismo negro. Esta organización defende a teoría de que un nacionalismo negro non sería máis que unha contraposición do nacionalismo branco existente, e representaría unha base racista incompatíbel coas posturas do anarquismo. A postura de Alston é próxima ao nacionalismo negro, pero non tan radical como a de Lorenzo Kom'boa Ervin que promulgan eliminar do anarquismo á xente que non sexa de cor.

Nos últimos tempos Alston aproximouse ao movemento de defensa dos dereitos dos animais, a través da súa amizade co activista preso Andy Stepanian, do SHAC 7. Nese sentido ten participado como voceiro en distintos congresos sobre os dereitos dos animais, así como en distintas publicacións de orientación ecoloxista.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]