Ash
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2010.) |
Ash é unha banda de rock formada en 1992 por Mark Hamilton (baixo) e Tim Wheller (vocal e guitarra).
[editar] Traxectoria
Tralo descubrimento sa súa paixón pola música, anímanse a tocar novoscovers e a principios dos anos '90, tras escoitar bandas como Twisted Sister e Iron Maiden, deciden formar unha banda de heavy metal cunha amiga da infancia, chamada Vietnam. Tras un par de concertos buscaron un baterista, encontrando a Rick Murray, dous anos maior ca eles. Finalmente deixan de lado o heavy metal animados por outro tipo de sons coma os de Nirvana, Mudhoney ou os Pixies, comezando a compoñer as súas propias cancións. Un dato curioso sobre a orixe do nome da banda é que o elixiron ao azar nun dicionario.
Crearon tres maquetas, "Solar Happy" en xuño, "Shed" e "Home Demo" en setembro. "Goldfinger" foi o seu primeiro lanzamento en 1996, un dos singles do traballo, xunto con "Oh Yeah", que os catapultou cara a fama. O álbum chegaría ao Top dos Charts en Gran Bretaña. En 1997 deron un concerto no London Astoria, e participaron no Glastonbury Festival. Outros discos destacados son Nu-Clear Sounds e Free All Angels.
Tras lanzar “Twilight Of The Innocents” en 2007, o grupo decidiu non volver sacar un disco de estudio, e só dar a coñecer a súa música a través de singles esporádicos.
Actualmente destaca o proxecto A-Z series, que consiste en descargas dixitais dende a súa web oficial.