Asedio de Barcelona (1713-1714)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asedio de Barcelona
Parte de Guerra de Sucesión Española

Bloqueo e asedio de Barcelona (1713-1714)
Data 25 de xullo de 1713 - 12 de setembro de 1714
Lugar Barcelona, Principado de Cataluña
Coordenadas Coordenadas: 41°24′7″N 2°10′00″L / 41.40194, -2.16667
Resultado Decisiva vitoria franco-española
Belixerantes
Dúas Coroas borbónicas

Coroa Española
Coroa Francesa

Tres Comúns de Cataluña

Deputación do Xeneral de Cataluña Diputació
Consell de Cent de Barcelona Consell de Cent
Brazo militar Brazo Militar

Líderes
Exército Borbónico

Duque de Populi
Prosper van Verboom
Marqués de Guerchy
Duc de Berwick
Antoine Dupuy-Vauban
Lozières d'Astier
Jean Baptiste du Casse

Exército de Cataluña

Antonio de Villarroel
Francisco de Santa Cruz
Marqués del Poal

Coronela de Barcelona
Rafael Casanova
Josep de Peguera

Forzas en combate
40.000 homes
150 pezas de artillaría
2.000 homes do Exército de Cataluña
4.700 homes da Coronela
470 de cabalaría
258 pezas de artillaría
Baixas
10.000-14.200 mortos ou feridos 6.850-8.500 mortos ou feridos

O asedio de Barcelona foi unha operación militar central dentro da Guerra de Cataluña, derradeiro episodio hispánico da Guerra de Sucesión Española, entre o 25 de xullo de 1713 e o 11 de setembro de 1714. Malia que Barcelona xa fora asediada nesa mesma guerra uns anos antes, no Asedio de Barcelona (1706) - implicando a tropas das grandes potencias, durante a Guerra de Cataluña, os exércitos estranxeiros foran evacuados. Neste conflito enfrontáronse os defensores de Barcelona, compostos pola Coronela, o exército regular catalán con tropas procedentes do resto de territorios da Coroa de Aragón, e soldados doutros territorios que apoiaban a Carlos VI. O asedio foi proposto polo duque de Popoli, inicialmente máis como un bloqueo con aires de terrorismo bombardeiro, e non como un asalto propiamente dito, xa que agardaba a rendición por esgotamento da cidade. En xullo de 1713, a entrada en xogo dun exército proveniente do Reino de Francia para apoiar o exército español, provocado polo cambio de dirección militar cara ó Duque de Berwick, decantou severamente o devir do asedio, converténdose nun asalto de trincheiras e minas nas murallas. Moi superados en número, e completamente rodeados de soldados borbónicos, os defensores foron totalmente eliminados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Albertí, Santiago (2006). L'Onze de Setembre. Barcelona: Albertí. ISBN 84-7246-079-7. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 03 de outubro de 2015. 
  • Bosch, Alfred (2002). 1714. Barcelona. 
  • Casassas, Josep Maria (1931). Rafael Casanova. Barcelona: Barcino. 
  • Castellví i Obando, Francesc de (ca. 1749). Narraciones históricas desde el año 1700 hasta el año 1725 (en castelán).  Copia na Biblioteca de Catalunya.