Asdrúbal Ferreiro Cid
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asdrúbal Ferreiro Cid, nado en Xunqueira de Ambía en 1895 e finado en Sanxenxo o 29 de marzo de 1983, foi un avogado e político galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi director xeral do Tesouro, director xeral de Usos e Consumos, director xeral de Crédito á Construción, vicepresidente de Iberia e vicepresidente de Estaleiros de Cádiz. Foi condecorado coa Medalla ao Mérito ao Traballo e a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
Obras [editar]
- Datos para un ensayo de autonomía administrativa de Galicia, 1923.